viernes, 24 de octubre de 2008

II Algarabía 1985


A II Algarabía foi o primeiro gran acto da Asociación Cultural "O Naranxo" de Lalín logo da súa formación dous meses antes. O logotipo foi obra de Paio… e acompañou a algarabía moitas edicións.. lembro que mantivémolo polo menos que ata a VI, ata que a Manolo Gas se lle ocurriú facer un concurso para un logotípo da Algarabía.

Toda a idea da Algarabía paríuse na Cafetería Capri, no Pub Vento, e no piso de Viravolta que tiñan nas “casas dos Profesores do instituto”. [[ Eu (K.G.) con 21 anos consideraba un honor poder entrar nese piso fantástico cheo de marionetas e cousas "preciosisimas" (Luís Areán usába moito esa palabra) que no water teña un equipo de revelado e na sala Pili cosía roupa de marionetas]]–

O programa empezaba con este texto: (si non lees ben calquer texto, clica nel e ampliarase). Toda a cartelería foi feita a base de fotocopias escritas con maquina de escribir.. (o que tiñamos!)…



e na mesma folla o programa de actos en si.. Os Viravolta, os Dhais (un mes antes chamábanse Belenos), os Triciclos (Paco do heladero, Piñón e Pedro do Estanco) co seu show cómico (que en verdade era bó), o cine do cine clube Deza, os Nacional 525 con Ray e Alfonso Portas e Tábora de Silleda (con melenas y os terrores de las nenas), os Circulo Vicioso (que eran rockeros de chupa nejra), os Alecrín (que nese momento mesturaban folk e poesia e viñeron gratis porque Pani e Kg foron a convencelos ó Caballiño) (Kg non sabia que a familia de Pani fabricaba Licor cafe no Carballiño.. eso foi a súa perdición), a actuación de Lola Flores (que era Pepe Abeledo que decialle a Basterra e a luís que el salía a cantar o que fixera falta), as señoras da casa da xuventude que daquelas facian “Baile Regional” (as nais de moitos están nesas fotos), empezábamos A Clásica Lalín -Empalme-Lalín (que aínda se mantén hóxe no programa da Algarabía)….
Eramos a hóstia!


Empezabamos tamen ese ano o que sería durante moitos anos a única exposición o aire libre e nun espazo público con continuidade no tempo de Galiza, e vai en negriña porque as cousas hai que decilas como son.

Toda a Algarabía baseábase en lograr un “espacio” de arte onde “interactuar”.. (esto que agora parece unha chorrada, no ano 85, que para morrear tiñas que facelo nas escaleiras de Krakatoa, era conceptualmente la polla!.

O programa de man da exposición abríase con un texto:o debuxo é de Antón Iglesias.. e de seguído o catálogo das obras e autores: un verdadeiro problema foi que tan boa foi a resposta dos artistas que o parque de Loriga non tiña arbores para todoscousa que solucionamos expoñendo na Capri no pub Vento e no Ebano unha parte dos cadros.. Como anecdota diremos que Laxeiro non veu a inaguración da exposición, pero mandou un telegrama (que colgamos a veira do seu cadro) disculpando a sua non asistencia… lembramos que o telegrama decia algo así como ” sinto non poder estar con vos este día de luz en Lalín”.

A algarabía sobrepasou con creces as espectaivas e tivemos a actuación estelar do “atom zirk” de cataluña, un trio que estaban percorrendo España en bicicleta e que pararon el Lalín na Algarabía, facendo unha actuación diante da estatua de Loriga que ainda hoxe moitos lembran.

A prensa opinou o seguínte:_:_Certo é que tamén no Lalín de aqueles anos, moita xente sentíase moi doadamente ofendida, proba delo e a queixa dun ointe en Radio Noroeste, daquelas a radio local de Lalín, queixa que fixo poñerse en contra nosa ó concellal de “cultura” daquelas.
_
_o caso é que Cuiña quedou contento e pagou as facturas, e ainda nos sobraron cartos!_